Ola, amigos
Nada, o único que quería era comentar o ben que o pasei o outro día, un dos máis agradables que poda lembrar. Quixera agradecer a todos, eu incluido, a nosa presencia, con dos cojones, e agardo que para a próxima sexamos algún máis. Que saibades que Tino comprometeu en plena barra libre os organizadores deste evento a organizar outra xa para o ano, deixando ben claro que el formaría parte tamén da organización: a iso lle chamo eu espíritu de colaboración e ganas de ver os colegas. E nada máis. Agardo por máis fotos. Por certo, Santi xa ten a foto de grupo lista na tenda.
Bicos, bicos e máis bicos.
César.
P. D.: que saibades que me chamou Javier Santamaría o luns para desculparse pola súa ausencia, xa que semella que a última hora unha indisposición da súa nai o levou a ficar na casa con ela. Unha auténtica mágoa. Agardemos que para a próxima poidamos saudalo todos.
jueves, 14 de junio de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Ola César e demais familia, claro que si, que me apunto para organizar outra farra para o 2008, contade con eso. Difícilmente superará á deste ano pero é o de menos, é suficiente con que nos volvamos a xuntar a contar batallas. Foi un festón, por eso reitérovos as gracias aos que tomáchedes a iniciativa e organizáchedes este encontro de vellas glorias da Pardo Bazán. Apertas a todos. Vou cear que teño chicharros en escabeche con patacas cocidas. Despois volvo. Tino.
Boas a todos.
Que che aproveite Tino,estou de acordo que foi un festón,e desexo que chegue a próxima farra.Moitas grazas os organizadores e a todos por vir.Bicos e saudos.Mary Carmen Rivera
Un saúdo moi emocionado do irmán de César, aínda non reposto da contemplación de tales fotografías.
Que ben estades!! Seguide así. Un bico para todos, todas.
Manuel Ángel Candelas
Gracias polo piropo Ángel. Un bico tamén para tí.
Resumindo: todos estamos de acordo en que o pasamos en grande e que hay que repetilo, non?
Así que propoño que empecemos a pensar na próxima.
Veña, quen se anima a decir fechas!?
Loly.
Publicar un comentario