jueves, 24 de mayo de 2007

18 de Marzo de 1982


Outra noite de farra, esta vez no Liceo.
Aquí xa acusábamos un pouco as altas horas.
Se vedes que tal, non deixedes que a vexan os fillos, por non dar ideas ós máis novos.
Un bico. Vémonos.
Loly.

20 de Febreiro de 1982


Sábado de Carnaval no Lar.
Esa noite salín sin moitas ganas, pero despois paseino moi ben...
O do medio era un que estuvo de paso nas Pontes.
As outras reconocense ben, non?
Volveremos a vernos alí en poucos días.
Loly.

martes, 22 de mayo de 2007

Se vischedes a foto de Loli, ahi vos vai outra. Non estábamos vestidos de gala porque a ocasión non o requeria, iso non quere dicir que estivéramos máis feos nin máis tristes (cara de ledicia alomenos témola).
Non sei se vos recoñecedes na foto de Loli (eu non me recoñezo); se non é así intentadeo nesta. Se vos identificades nas dúas entón é que pouco cambiastes.
Un bico de Pili Ramudo!!

lunes, 21 de mayo de 2007

18 de decembro de 1981


O prometido e deuda, ahí vai a foto completa.
É a orixinal, sin retocar, ca cor que lle deu o tempo (bermella en vez de sepia).
Entre outras cousas, recordo que decidimos poñernos "elegantes" para a ocasión.
Creo que despois saímos de cena ou algo así.
Se alguén recorda algo más, por favor que o conte.
Un bico. Loly.

martes, 15 de mayo de 2007

Estamos cuspidiños!


A ver, quén se acorda de este día?

Rétovos a poñer os nomes de memoria.


Tedes a ponte das Letras Galegas para pensalo e contestar, e despois poño a foto completa.

Teño un par de fotos mais, moi poucas comparado coas que se sacan hoxe en día coas cámaras dixitais, así que o que teña outras que as mande.


Un bico a todos.

Loly (López Pena)